lunes, 19 de noviembre de 2012

Visita ao MUNCYT.

O pasado xoves 15 de novembro os alumnos de TIC de 1º de BACH, 3º e 4º da ESO, fomos ao museo nacional de ciencia y tecnoloxía da Coruña.
Nel agrúpanse aparellos tecnolóxicos do século vinte; tamén hay un jumbo (avións aos que se lles puxeron nomes de persoas ilustres españolas), o jumbo que hai no museo é o de Lope de Vega e é famoso porque levou o famoso cadro "Guernica" de Pablo Picaso de Nova York a Madrid.

 Outra exposición que vimos foi a "Sala do Tesouro", unha sala escura e fría na que se gardan obxectos de moita antigüidade (do século XIV,XII..), por eso a sala ten que ter unhas temperaturas baixas e non pode ter moita luz, para que os obxectos se conserven en boas condicións. Un dos obxectos que vimos nesta exposición foi o astrolabio, antigo instrumento que premitía determinar a posición das estrelas sobre a bóveda celeste.
 Tamén vimos unha sala na que comparaban o teclado QWERTY, ca evolución humana. Nesta exposiciçon descubrimos como a vella máquina de escribir "evolucionou" hacia ao ordenador, incorporando o teclado QWERTY aos novos aparatos, xerando así un reino de máquinas de escribir.
Outros aparatos interesantes que vimos foi o primeiro acelerador de partículas de España, así como a primeira máquina de cine de España ,que funcionaba con fotogramas, e a última,desta clase, que estivo en funcionamento nun cine da Coruña.
Do que vimos no museo o que máis me gustou foron os robots (Marilú y Pepe Xan).



(Marilú)

 Estes robots tiñan a capacidade de reproducir sons (falar), dicían o que se lles ordeaban a través dun oredenador (escribías no ordenador o que quixeras que dixeran e dicíano), tamén tiñan luces na cara, é dicir podías cambiar o color da súa cara a través do ordenaror, e tamén movelos. Algunhas das súas estremidades (como as extremidades dos dedos) estaban formadas por pistóns de aire comprimido polo que as podían mover. Os robots eran de corpo enteiro. Parecéronme orixinais porque nunca viran uns e dábanlle un ambiente futurista ao museo.


                                                     (Pepe Xan)

No hay comentarios:

Publicar un comentario